Macaco e Tanxugueiras presentan o videoclip de ‘Tirititran’
O grupo galego volve colaborar cun artista nacional e afonda nun estilo diferente ó seu, cun tema máis tranquilo.
O artista presenta hoxe, da man de Tanxugueiras, o videoclip da súa canción ‘Tirititran’ e segue ofrecéndonos novos contidos do seu novo disco, ‘Vuélame el corazón’, xa dispoñible.
O novo disco de Macaco é unha declaración sobre as diferentes fases das relacións sentimentais. Neste caso, o tema fala do que queda despois dunha separación. Esa nostalxia e eses recordos, que permanecen no tempo, enganchados a nós.
O resultado amosa o exercicio de eclecticismo que o artista realizou con este novo traballo: unha melodía marcada polo golpe de palmas e a guitarra acústica, aderezada co carisma das voces de Tanxugueiras, nun coro difícil de esquecer. O tea está composto por Dani Macaco, xunto a Aida Tarrío , Olaia Maneiro e Sabela Maneiro. Participa ademais Thirta Rundqvist, que también se encargou da produción, xunto co propio Dani Macaco. O videoclip está dirixido por Jose Luís Algar e producido por Mundo Zurdo.
“Este tema nos habla del orgullo como brecha en las relaciones, de esa toxicidad que a veces envuelve la falta de comunicación, y también sobre la ‘verdad’ giratoria del ombligo. Para mí es un honor compartirla con las grandes artistas gallegas, Tanxugueiras”, habla sobre la canción Macaco.
Pola súa parte, Aída Tarrío fala así do proceso de composición e produción. “É unha canción que nos chegou dende o primeiro momento que a escoitamos porque cremos que transmite moita verdade. É un tema moi tranquiliño e polo tanto a nós é algo que nos gusta, saír da nosa zona de confort, deixar de ser tan escuras para meternos en algo máis calmado e chill. Quixemos transmitir o que dicía Macaco a través das coplas tradicionáis, dándolle unha volta, obviamente, porque a letra é nosa, pero sempre basándonos na métrica e na rima tradicional. A colaboración foi incrible, porque con Macaco tivemos feeling dende o primeiro momento, incluso máis cando nos coñecemos en persoa. El dounos o tema e nos deixou facer e desfacer o que nós quixeramos. Cando lle dixemos que queriamos facelo en galego, alegrouse moitísimo, e dixo que sí, dende o primeiro momento. Estamos encantadísimas de compartir este tema con el”.