Tanxugueiras, galardoadas co Premio Odeón como artista revelación alternativa 2023
AGEDI premia os traballos discográficos de artistas españois máis exitosos en 2022 en número de vendas
Tanxugueiras seguen recollendo os froitos destes anos de traballo, esforzo e dedicación. Aida, Sabela e Olaia veñen de recibir o Premio Odeón que as confirma como artista revelación alternativa do ano 2023.
Na súa 4º Edición, AGEDI -Entidad de Derechos de Propiedad Intelectual que agrupa productos fonográficos- fixo públicos os seus galardóns que premian os traballos discográficos dos artistas españois máis exitosos en 2022 en termos de vendas, reflectindo os gustos musicais do público español que, mediante a compra ou escoitando os álbums e cancións premiados, situáronos no máis alto.
Un total de 25 premios en diferentes categorías por xénero, entre os que se atopa o Premio Odeón á Mellor Xira 2022, e que foron producidos por 17 discográficas, demostrando a boa saúde e perspectivas de futuro do sector da música gravada.
Tanxugueiras seguen imparables percorrendo toda a xeografía española da man da súa axencia de xestión, PlayPlan, e o vindeiro mes de maio chegará con novidades por parte do trío galego en forma de nova música, editada por Calaverita Records.
** VINDEIRAS DATAS **
29/04 • Festival Sons de Ánkar • Poio (Pontevedra)
30/04 • Festival Viña Rock • Villarrobledo (Albacete)
04/06 • Guitiriz • Lugo
08/07 • Nits al Castell • Xàtiva (Valencia)
21_22/07 • Festival Leturalma • Letur (Albacete)
01/09 • Valladolid • Valladolid
¡E máis por anunciar!