Tanxugueiras finalizará a súa Xira Midas cun concerto especial no Coliseum da Coruña
Tanxugueiras despídese por todo el alto de “Diluvio” con O DERRADEIRO DILUVIO , un concierto especial fin de xira que tendrá lugar el próximo sábado 16 de diciembre en el histórico recinto Coliseum da Coruña .
Tanxugueiras despídese por todo o alto de “Diluvio” con O DERRADEIRO DILUVIO, un concerto especial fin de xira que terá lugar o próximo sábado 16 de decembro no histórico recinto Coliseum da Coruña.
Despois de dous intensos anos nos que a formación convertiuse nun dos nomes de referencia do panorama musical a nivel estatal ofrecendo máis de 110 actuacións por toda a Península. Algúns concertos quedarán para a historia, como o do Festival Noroeste na Coruña diante de 80.000 persoas ou o do Auditorio de Castrelos de Vigo ante 40.000 persoas, así como o seu paso por macrofestivais como o Río Babel ou o Cruïlla, festivais icónicos como o Festival de Ortigueira ou o Festivalino de Pescueza, grandes ciclos de concertos como o Pirineo Sur, templos como o Palau de la Música ou localizacións históricas como os pés do Acueducto de Segovia.
Con todo isto, o trío decidiu poñer o broche final a esta fructífera etapa na súa terra. “Galicia é o noso fogar e é o lugar que nos viu nacer e medrar como Tanxugueiras. É por iso que cremos que a mellor maneira de celebrar todo o bo que nos pasou nestes últimos anos é facelo coa nosa xente, acompañadas das nosas amigas e familia” – afirma o grupo – “Ademáis, que se nos brinde a oportunidade de cantar nun sitio histórico polo que pasaron grandes artistas como Shakira, Marc Anthony, Aitana, Maná ou Sting, e poder facelo cunha proposta en galego énchenos de orgullo”.
No acto estivo presente a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que quixo sumar: “É unha cita moi especial para A Coruña, testemuña do punto de partida da Xira Midas e dese concerto multitudinario que deu a volta ó mundo no Festival Noroeste con 80.000 almas na praia de Riazor. O noso obxectivo sempre foi que A Coruña se manteña como a referencia cultural do Noroeste que é porque vai na nosa historia, e iso debémosllo todo á tradición popular que nos fixo ser o país rico en cultura que somos”.
O mérito de Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro é o de ter sido capaces de chegar a un público masivo derrubando as fronteiras lingüísticas cunha visión musical que recolle o legado das pandeireteiras e reinterpreta os sons dunha tradición milenaria para fusionalos con ritmos urbanos e electrónicos. Unha explosión de modernidade marcada por un estilo épico e unha forza ancestral que as fixo triunfar polo mundo e que foi recoñecida pola industria con galardóns nos Premios Min e Odeón nas súas respectivas edicións de 2023.
Esta última data da súa xira promete ser unha das noites máis especiais da carreira de Tanxugueiras. Será un show único o que se materializará para unha ocasión que promete ser histórica, e no que non faltarán as cancións que xa son buque insignia de Tanxugueiras como “Terra”, “Averno” ou “Aire”, entre moitas outras. Contará con convidados de luxo como Rayden, Rozalén, Muerdo, Guadi Galego ou Valeria Castro aos que se lles engadirá algunha sorpresa aínda por desvelar. Mondra, un dos nomes máis destacados da nova escena emerxente galega, abrirá a velada ofrecendo unha actuación de apertura. “Animamos a todas as nosas fans a vir ao que será o concerto máis significativo que daremos ata a data – apunta o trío – É emocionante saber que tantos grandes artistas aos que consideramos amigos vanse unir para festexar a música como idioma universal. Para nós, máis que nunca, “non hai fronteiras”. En relación a colaboracións con outros artistas, as galegas tamén puxeron o foco en nova música que verá a luz nas próximas semanas, dende o inminente single xunto a Ruth Lorenzo, previsto para a semana que ven, a unha colaboración con Juancho Marqués prevista para dentro de moi pronto.
As entradas estarán á venda ao público xeral o venres 1 de setembro ás 11:00h a través da web oficial de Tanxugueiras.
Como grupo que nace, medra e se nutre da música tradicional galega, a conexión coas asociacións que poñen este aspecto da cultura en valor é moi importante. Tanxugueiras nace neses círculos, e como mostra de agradecemento e respecto polas raíces e os inicios do grupo, porán a disposición das máis de 500 asociacións de música tradicional galega unha prevenda especial cun desconto dun 10%.
A prevenda especial comezará o mércoles 30 ás 11:00h e o código estará activo ata o día 3 de setembro ás 23:59. Ínstase a aquelas asociacións que queiran gozar do desconto que se poñan en contacto coa promotora PlayPlan e desta maneira que os seus afiliados poidan beneficiarse do código de desconto na compra.