O grupo é candidato ao mellor vídeo nos Scots Trad Music Awards pola súa colaboración co Shooglenifty, unha formación escocesa con tres décadas de traxectoria que tamén comparte o gusto por fusionar as melodías tradicionais con ritmos máis actuais.

O vídeo da canción East West foi gravado en Santiago.
As votacións estarán abertas até o domingo 24 de novembro a través da plataforma web https://projects.handsupfortrad.scot/scotstradmusicawards/, mentres que os galardóns se entregarán o 7 de decembro en Aberdeen.