Tanxugueiras ofrecerá uns petiscos do seu novo disco no concerto de presentación de “Bost”, de Xabi Aburruzaga, no Kafe Antzokia de Bilbao o vindeiro sábado 23 de novembro ás 22h. Deste xeito, o público bilbaíno será o primeiro en gozar en directo do renovado son que nos traen as pandereteiras galegas co seu novo disco “Contrapunto”, o cal sairá á luz o día 22 de novembro.

Información

Apertura de portas e taquilla ás 21:30.

Anticipada: 15 € + gastos de distribución (Kafe Antzokia, Musikaze)

Taquilla: 18 €

COMPRAR