Desde o pasado 29 de novembro, Tanxugueiras está a percorrer Galicia para presentar o seu segundo disco. Tras visitar Mos, Burela, Celanova, Santiago de Compostela, Oleiros e As Pontes, as vindeiras citas co novo directo do grupo, vibrante e rebordante de enerxía, e cunha coidada posta en escena, terán lugar en Cangas (6 de marzo), Vilalba (13 de marzo) e Monterroso (14 de marzo). As entradas para as dúas primeiras citas pódense adquirir a
través da web do grupo, www.tanxugueiras.com, ou da plataforma www.ataquilla.com.
A xira de Contrapunto tamén terá presenza internacional no período estival. Así, no mes de xullo, as pandereteiras actuarán no festival Gooikoorts, en Bélxica. Xa no mes de setembro, Tanxugueiras formará parte do cartel do Bromyard Folk Festival, no Reino Unido. Nas dúas citas, o grupo é o único representante, a nivel estatal, da música tradicional.