DISCOGRAFÍA
Co seu primeiro álbum homónimo, publicado en 2018, o trío inicia unha traxectoria que as leva a visitar, en só 3 anos, máis de 100 escenarios de todo o planeta acompañadas polas súas pandeiretas. No 2019 chega Contrapunto, un disco que incrementa as revolucións da música galega coa reinterpretación de coplas tradicionais, ateigadas de arranxos e harmonías diversas.
Neste 2021, as cantareiras libéranse de prexuízos para consolidar a identidade dun grupo que explora con curiosidade a fusión da tradición con sonoridades urbanas e modernas. O seu último single, Midas, con influencias de sons próximos ao trap ou á electrónica, pon o foco sobre unhas artistas audaces, chamadas a levar os ritmos e a enerxía da terra por escenarios de todo o mundo.
Con máis de 50.000 reproducións en Youtube na fin de semana da súa estrea, Midas é a carta de presentación das cantareiras do século XXI.
- MIDAS | Single (2020, PlayPlan | Calaverita Records)
- Contrapunto (2019, PlayPlan | Calaverita Records)
- Tanxugueiras (2018, Seispés Producións Creativas)
AO VIVO
O directo de Tanxugueiras é pura enerxía e potencia. As voces de Aida, Olaia e Sabela ligan en harmonía, naturalidade e mestría alalás, músicas e letras. Con ou sen pandeiretas, o son e forza de Tanxugueiras expándense alén do escenario para transformar o recital nunha festa. Cun repertorio que se move entre pezas íntimas e de corte tradicional con himnos que abanderan causas, o público de todas as idades goza dunha sesión vibrante, chea de momentos únicos nos que as cantareiras dan boa conta da proxección dunha formación única en Galicia.
VINDEIROS EVENTOS
SPOTIFY
Tanxugueiras
Mulleres fortes, valentes e empoderadas. Cantareiras dunha nova década. As voces de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, ateigadas de virtuosismo e contundencia, son as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega.
RECOÑECEMENTOS E MENCIÓNS
- XIX Premios La Opinión de Música de Raíz 2020 (Mellor adaptación dunha peza tradicional)
- World Music Charts Europe 2020 (20 mellores discos de World Music en maio de 2020)
- Certame aRi(t)mar Galiza e Portugal 2019 (Mellores Músicas de Galiza 2019)
- Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego 2019 (Finalistas Mellor videoclip por Perfidia)
- Scots Trad Music Awards 2019 (Finalistas na categoría de Mellor vídeo con Shooglenifty)
- Premios MIN de la Música Independiente 2019 (Finalistas Mellor álbum galego)
- Premios Martín Códax da Música 2019 (Mellor grupo de Música tradicional e folk)
- Premios MIN de la Música Independiente 2018 (Mellor álbum galego)