Este Aviso Legal contén as Condicións de Uso do sitio web www.tanxugueiras.com que o grupo de música pon ao dispor das persoas usuarias da internet. O acceso e utilización dos contidos deste sitio web supoñen a aceptación destas condicións xerais.
01. INFORMACIÓN XERAL
En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información (LSSI), infórmase que a entidade titular do sitio web é o grupo de música Tanxugueiras Contacta.
O grupo resérvase a facultade de modificar sen previo aviso esta Política de Privacidade para mantela adaptada á lexislación vixente. En tales casos, anunciaranse neste sitio web os cambios introducidos co fin de que poidan ser coñecidos polo Usuario.
02. PROPIEDADE INTELECTUAL
O grupo de música posúe dereito de uso dos contidos desta web. Por iso, só autoriza expresamente a reprodución destes contidos para a difusión dos proxectos de Tanxugueiras. Esta autorización non inclúe a reprodución, utilización ou transformación destes contidos, cando sexa con finalidade comercial ou lucrativa ou contraria á lei, moral, ética ou orde pública ou cando puidese lesionar os intereses, prexudicar a imaxe do grupo ou de terceiros lexítimos. Calquera outro uso debe ser previamente consultado e autorizado.
Queda expresamente autorizado o establecemento por parte de terceiros de ligazóns a esta páxina web, sempre que estas ligazóns non teñan finalidade comercial nin lucrativa. As ligazóns establecidas por terceiros deberán permitir coñecer á persoa usuaria que accede á páxina web de Tanxugueiras e deberán facer visible necesariamente o URL correspondente a esta páxina web. O establecemento de ligazóns por parte de terceiros non implica a existencia de ningún tipo de relación entre eles e o grupo de música.
O deseño do portal e os seus códigos fonte, así como os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen no mesmo pertencen ao grupo e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.
Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización, require en todo caso da autorización escrita previa por parte do grupo. Calquera uso non autorizado previamente por parte do grupo será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual e industrial do autor.
04. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE
Os contidos deste sitio web ofrécense cunha finalidade informativa e divulgativa. O grupo exímese de calquera responsabilidade, directa ou indirecta, que puidese derivarse do uso ou aplicación da información desta web fóra dos seus propósitos e do uso que terceiros fagan da información publicada no portal, nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da devandita información.
As ligazóns ou contidos de terceiros que aparecen neste sitio web facilítanse coa finalidade de ampliar a información. A súa inclusión non implica a aceptación destes contidos, nin a asociación de Tanxugueiras cos responsables das devanditas páxinas web, polo que se rexeita toda responsabilidade en relación cos mesmos e tampouco responde pola legalidade doutros sitios web, así como polos danos que puidesen causarse por calquera motivo no seu sistema informático, documentos ou ficheiros.
A pesar de tomar todas as precaucións necesarias, Tanxugueiras non pode garantir a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á web ou ao seu contido, nin que este se atope en actualización permanente, sen imprecisións ou inexactitudes. O grupo levará a cabo, axiña que teña noticia dos erros, desconexións ou falta de actualización, todos aqueles labores tendentes a emendar os devanditos erros, restablecer a comunicación e actualizar os contidos, sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución.
En www.tanxugueiras.com poida que se mencionen de forma indirecta e a nivel informativo algúns termos e logotipos que constitúen marcas rexistradas polos seus respectivos propietarios, non facéndonos responsables da utilización inadecuada que puidesen facer terceiras persoas respecto de ditas marcas.
05. MODIFICACIÓNS E ACTUALIZACIÓNS
O grupo resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida neste sitio web, da configuración, dispoñibilidade e presentación desta, así como das presentes Condicións de Uso.
06. COOKIES
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise da súa navegación, segundo se detalla na nosa Política de Cookies.