As galegas son a banda que máis nominacións recibiu, estando presentes nun terzo das categorías (21 en total)
Hoxe déronse a coñecer as candidaturas aos Premios MIN 2023, nunha iniciativa que celebra este ano a súa XV edición e que pretende recoñecer a artistas e profesionais da industria musical independente do estado.
Organizados pola Unión Fonográfica Independente (UFI), os Premios MIN naceron en 2009 para recoñecer a creación, diversidade e calidade artística das producións independentes feitas en España. Despois de catorce edicións, consolidáronse como un referente da industria musical española.
Formados por 21 categorías, Tanxugueiras foi a banda que máis candidaturas conseguiu –7 en total– nesta edición, correspondente ao seu último disco, “Diluvio”, publicado en 2022. As categorías nas que optan a conseguir un premio son as seguintes:
‘The Orchard a Álbum del Año’
‘Sympathy for the Lawyer a Mejor Videoclip’ por “Averno”, xunto a Rayden e dirixido por Trece Amarillo
‘Álbum Música de Raíz’
‘Álbum en Gallego’
‘SAE Spain a Producción Musical’ Tanxugueiras e Iago Pico
‘Mejor Letra Original’ por “Pano Corado”
‘Ticketmaster a Mejor Directo’
Tanxugueiras, pola súa banda, continúan estes meses imparables percorrendo toda a xeografía española da man da súa axencia de xestión, PlayPlan, e o vindeiro mes de maio chegará con novidades do trío galego en forma de nova música, editada por Calaverita Records.
Os gañadores daranse a coñecer nunha gala que, para a ocasión, se trasladará a Palma de Mallorca e que contará con Samantha Hudson como mestra de cerimonias.
** VINDEIRAS DATAS **
29/04 • Festival Sons de Ánkar • Poio (Pontevedra)
30/04 • Festival Viña Rock • Villarrobledo (Albacete)
04/06 • Guitiriz • Lugo
08/07 • Nits al Castell • Xàtiva (Valencia)
21_22/07 • Festival Leturalma • Letur (Albacete)
01/09 • Valladolid • Valladolid
¡E máis por anunciar!
Os gañadores daranse a coñecer nunha gala que, para a ocasión, trasladarase a Palma de Mallorca e que contará con Samantha Hudson como mestra de cerimonias.