TANXUGUEIRAS – CONTRAPUNTO

Segundo traballo das galegas Tanxugueiras co que se deu un gran paso cara unha maior madurez tanto musical como persoal.

Este novo disco está composto por dez temas nos que priman a transmisión dun sentimento concreto a través das letras e música. Estes temas, á súa vez están agrupados por pares, dos cales un tema de cada parella fala sobre a parte positiva e o outro tema sobre a negativa dunha situación ou un sentimento.

TANXUGUEIRAS – TANXUGUEIRAS

Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro son tres extrovertidas e orixinais voces procedentes de Teo e do Barbanza que en xaneiro de 2016 dan un paso máis no seu soño de mostrar na escena musical galega todo o aprendido, recolleito e herdado das nosas avoas, dándolle vida ao proxecto Tanxugueiras.

A simpatía, enerxía e forza de Tanxugueiras sobre o escenario non pasa desapercibida, e durante este tempo xa contan con colaboracións con artistas da talla de Xabier Díaz ou coa Banda dás Crechas no coñecido Festival Celtic Connections de Glasgow, de onde saíu un dos seus vídeos convertido en viral que revolucionou as redes sociais, confirmándoas como grandes promesas do Trad feminino e demostrando que a música tradicional continúa abrindo novas fronteiras de son, escena e público.

X