
Culturgal | Fin de Xira
Tanxugueiras | |
28 de Novembro de 2021 | |
Pontevedra | |
Auditorio do Pazo da Cultura |
Domingo 28 de Novembro
Fin da xira Contrapunto | Culturgal 2021
Entradas Esgotadas
+ artistas convidadas
Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura (Pontevedra)
Apertura de portas: 17:30 horas
Hora: 18:00 horas
Entradas: Enterticket.es
A Xira Contrapunto chega ao seu fin! O 28 de novembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá un concerto especial de Tanxugueiras: o peche da xira de presentación do seu segundo álbum, Contrapunto, xusto dous anos depois do inicio da mesma.
Temas como Desposorio, O querer, Perfidia ou Malquerenza soarán neste concerto, mais desta vez as cantareiras estarán acompañadas por grandes voces e instrumentistas da escena galega. Na actuación, ademais, tamén soarán algúns dos seus novo temas, como Midas ou Figa.
Será un concerto único, a última ocasión para escoitar as Tanxugueiras ao vivo no 2021. Será unha tarde moi especial que porá o ramo a dous anos de intensa actividade sobre os escenarios. Esperámoste no Culturgal!