Novas
Aquí poderás estar ao tanto de todas as novas relacionadas con Tanxugueiras.

Tanxugueiras prepara o seu regreso ás táboas con conversas virtuais con Xabi Aburruzaga, Ana Díaz, O Reberete e María Vázquez
O primeiro convidado deste mes de xullo na iniciativa Mira unha cousiña…., que se emiten todos os martes ás 21.00 horas a través das redes sociais das pandereteiras, será o artesán Roberto Carlos Pérez ‘O Reberete’.Tanxugueiras prepara o seu regreso aos escenarios....

Tanxugueiras estrean “Telo”, un novo tema a ritmo de hip hop para celebrar o Día da música
TANXUGUEIRAS estrean un NOVO TEMA a ritmo de HIP HOP para celebrar o Día da Música ."Telo" é o tema escollido para festexar este día dunha forma moi especial, pois non deixan de sorprendernos coa súa capacidade de fusionar estilos con resultados como este:

O grupo Tanxugueiras abre unha ventá virtual ao mundo cultural desde o martes 9 de xuño cos encontros ‘Mira unha cousiña…’
A nova serie de conversas abertas ao público terá lugar todos os martes, ás 21.00 horas, a través da canle de Youtube e na páxina de Facebook das pandereteiras O produtor musical Arnau Moreno, a poeta Rosalía Fernández Rial, a actriz Beatriz Serén e o presentador...

Guadi Galego, os youtubeiros O Aquele e Olaxonmario e Pilar García Rego súmanse á serie de conversas virtuais con Tanxugueiras
A proposta do grupo Tanxugueiras para levar mellor o confinamento á hora do aperitivo, o Tanxuvermú, comeza este luns a súa segunda e definitiva semana, que incorpora ao seu cartel os nomes de Guadi Galego, Pilar García Rego e os youtubeiros O Aquele e...

Tanxugueiras inicia unha serie de conversas virtuais con artistas e axentes culturais “para reforzar os vínculos de comunidade nun momento excepcional”
Sabela Ramil, Rodrigo Cuevas, Carlos Blanco, Xosé Antonio Touriñán, Gayoso ou Verto son algunhas das figuras que participarán nestes encontros, que terán lugar a través da canle de Youtube durante 15 días As pandereteiras iniciaron este sábado, 28 de marzo, unha serie...

Segue a xira de Contrapunto
Desde o pasado 29 de novembro, Tanxugueiras está a percorrer Galicia para presentar o seu segundo disco. Tras visitar Mos, Burela, Celanova, Santiago de Compostela, Oleiros e As Pontes, as vindeiras citas co novo directo do grupo, vibrante e rebordante de enerxía, e...

Tanxugueiras aspira a acadar o título de ‘Mellor álbum en galego’ nunha nova edición dos XII Premios da Música Independente
Tanxugueiras aspira, por segundo ano consecutivo, a acadar o título de Mellor álbum en galego nos Premios MIN da Música Independente co seu segundo disco, Contrapunto, editado por Calaverita Records e PlayPlan. Logo de gañar na pasada edición o mesmo galardón co...

Novas datas da xira
A xira inicial de presentación de Contrapunto arrancou o pasado 29 de novembro en Mos e continuou por Celanova e Burela no mes de decembro. A proposta musical pasa por descentralizar os eventos culturais e manterse apegadas e presentes no territorio do que emana a...

Tanxugueiras leva o seu novo directo a Compostela, onde presentarán este domingo 2 o seu segundo traballo, Contrapunto
A xira Contrapunto terá este domingo a súa cuarta parada en Compostela. Tanxugueiras presentará en directo, ante o público da Sala Capitol, os temas do seu último traballo, Contrapunto, a visión máis persoal dun grupo que aposta pola evolución da música...

Contrapunto, o disco
Tanxugueiras lanza un vídeo-resumo da gravación e presentación do novo disco e directo da banda. O vídeo foi producido e realizado por Trece Amarillo e gravado na Sala Rebullón (Mos). https://www.youtube.com/watch?v=Kulb-Ze88Bc
Contacto
Contacta connosco en:
(+34) 986 903 509
(+34) 696 874 392
(+34) 605 022 449