Tanxugueiras atrévense co catalán no tema benéfico ‘Més Fort’
Trátase dunha versión de Stronger de Kelly Clarkson
Tanxugueiras publican hoxe Més fort, versión de Stronger de Kelly Clarkson na que se aventuran a cambiar por un día do idioma galego ao catalán.
O tema está incluido no recopilatorio de La Marató de 2022 de TV3 e Catalunya Ràdio, no que as artistas participaron, e que foi realizado o pasado Nadal como unha iniciativa benéfica enfocada na sensibilización e a divulgación sobre a saúde cardiovascular.
O trío galego continúa este verán coa súa axenda chea de nova música e actuacións en directo. Tras estrear antes do período estival Aire, o seu single coa produción de Lowlight, o próximo día 6 de setembro verá a luz un novo single en colaboración con Ruth Lorenzo.
Pola súa parte, a Xira Midas continúa levando a súa música por todo o estado (a última parada en Monforte reuniu a máis de 10.000 persoas), tendo engadido novas datas e marcado xa un fin de xira do que pronto coñeceremos máis detalles, e que se prantexará como unha gran festa para celebrar todos os éxitos colleitados neste período de crecemento para a banda.
** PRÓXIMAS DATAS**
24/08 • Sant Antoni de Portmany • Ibiza
01/09 • Valladolid • Valladolid
14/09 • Emmusikadas • Iruña (Pamplona)
16/12 • Fin de Xira