QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS PERSOAIS?
- Identificación: Play Plan Cultural SLU, CIF: B-94168705
- Domicilio: Rúa do Santán, 3, Baixo B, 36930, Bueu (Pontevedra)
- Rexistro Mercantil: inscrita no rexistro mercantil de Pontevedra no Tomo 4233, libro 4233, folio 20, folla PO-63343 inscrición 1ª
- Teléfono: 986903509
- Correo electrónico: rgpd@playplan.es
- Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos: Xabier Alonso
DATOS TRATADOS, FINALIDADE E LEXITIMACIÓN
Play Plan Cultural S.L.U. realiza o tratamento dos datos persoais identificativos e de contacto do Interesado recollidos por www.tanxugueiras.com coa finalidade de facilitar a xestión do proceso de venda de entradas, pases, abonos e acreditacións e, en xeral, para prestar a información ou servizos que nos solicite, incluídos aqueles datos persoais financeiros ou bancarios que sexan necesarios a efectos de utilizar os medios de pago.
Finalidade do tratamento deos teus datos
Lexitimación
Venda de entradas, abonos, bens e servizos |
Execución de contrato ou contratos que subscribísemos contigo (como a venda da entrada) |
Xestión de pases, permisos e autorizacións |
Execución de contrato ou contratos que subscribísemos contigo (como a venda de da entrada), obriga legal e interese lexítimo de Tanxugueiras |
Comunicarnos contigo para resolver problemas, enviarche avisos e facilitarche o uso dos nosos servizos |
Execución de contrato ou contratos que subscribísemos contigo (como a venda da entrada) |
Realizar o proceso de contabilidade |
Obriga legal e interese lexítimo de Tanxugueiras |
Cumprir con obrigas fiscais |
Obriga legal |
CESIÓN DE DATOS A TERCEIROS
Tanxugueiras infórmate de que, salvo obriga legal ou consentemento expreso pola túa banda, non cederemos os teus datos a terceiros.
Para os efectos deste apartado, o proceso de compra da entrada, abono ou calquera outro produto ou servizo en liña conleva o consentemento expreso para a cesión dos teus datos á empresa ou empresas provedoras destes bens ou servizos, se iso fose necesario para a correcta xestión da túa compra e para atender calquera incidencia ou reclamación que nos queiras facer chegar.
Ningún dos outros provedores poderá tratar os teus datos de modo diferente ao que nós realizamos; non poderán, á súa vez, ceder os teus datos a terceiros sen o teu consentemento expreso; nin outorgarche menos dereitos que os que nós che outorgamos.
PRAZO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS
O tratamento dos datos levarase a cabo durante toda a vixencia da relación contractual entre o Interesado e Tanxugueiras., entendéndose que a relación contractual finaliza no momento en que, legalmente, xa non teñamos ningunha obriga contigo nin ti connosco. Tamén os conservaremos se iso resultase imprescindible para o cumprimento de obrigas legais. En ningún caso se levará a cabo tratamento algún por máis duración da estritamente necesaria en función da finalidade para a cal foron solicitados os datos.
Sen prexuízo do anterior, o período de conservación poderá manterse en función do tratamento realizado ata que transcorra o período de prescrición das posibles infraccións ou sancións de conformidade coa lexislación vixente.
CALES SON OS TEUS DEREITOS?
Podes exercitar en calquera momento, mediante correo electrónico ou carta certificada con acuse de recibo á dirección de correo electrónica ou postal que se indica no apartado correspondente ao Responsable do Tratamento, os seguintes dereitos:
- Dereito de acceso: Tes dereito a obter confirmación de se se están tratando ou non, e como, datos persoais que lle concernen.
- Dereito de rectificación: Tes dereito a obter a rectificación daqueles datos persoais que che concernan e sexan inexactos.
- Dereito de supresión: Tes dereito a obter a supresión dos seus datos, que Tanxugueiras estará obrigada a executar sen dilacións indebidas
- Dereito á limitación: Tes dereito a limitar o tratamento dos seus datos persoais que, en consecuencia, unicamente poderán ser obxecto de tratamento por Tanxugueiras para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións. En particular, podes exercer este dereito para limitar as finalidades do tratamento, sempre que iso non comporte o incumprimento de obrigacións legais de orde pública, tales como obrigas fiscais e outras, por parte Tanxugueiras
- Dereito á portabilidade: Tes dereito a solicitar a Tanxugueiras a remisión a outro responsable dos datos que nos facilitaras.
Para poder facilitarche o exercicio dos teus dereitos, será necesario que acredites que es o/a lexítimo/a titular dos mesmos mediante o teu DNI, Pasaporte, ou calquera outro documento oficial acreditativo. Na túa solicitude, deberás indicarnos o dereito ou dereitos que queres exercitar así como os datos afectados.
- Revogación do consentimento: Tes dereito, en calquera momento, a revogar o teu consentemento para o tratamento dos teus datos persoais.
- Reclamación ante a Autoridade de Control: En calquera caso, se consideras que non atendemos correctamente as túas solicitudes, informámoste de que podes cursar reclamación ante a correspondente Autoridade de Control. No caso de España, a Axencia Española de Protección de Datos.
06. COOKIES
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise da súa navegación, segundo se detalla na nosa Política de Cookies.