Desde hoxe está dispoñible “Pedindo Perdón”, novo sinxelo de Tanxugueiras.
A canción fala da saída dunha relación tóxica, onde as protagonistas, neste caso elas mesmas, saben que poden camiñar soas, sen ningún tipo de dependencia emocional e que as únicas ás que necesitan querer para tirar cara adiante é a elas mesmas. Tamén fala de arrepentimentos, e de saber cando deixar de dar oportunidades a persoas que non o merecen, e que despois de moitas, seguen facéndoche mal. En definitiva, en “Pedindo Perdón”, a través do empoderamento reivindícase a necesidade de quererse ben a unx mismx como remedio para sandar todo tipo de males.
O tema foi producido por Tanxugueiras, Iago Pico e Ainoa Buitrago, e é resultado das sesións de composición que tiveron lugar na sede madrileña de Warner Chappell en 2023 enmarcadas dentro de She Sounds. Foi durante o desenvolvemento destas xornadas cando as tres artistas entraron o contacto con Ainoa e fraguouse a creación deste novo tema. Ademais, no proceso de composición da canción tamén participaron outras dúas artistas que asistiron á iniciativa: Camilú e Ale Zabala, cumprindo co fin último destas sesións, poñer en contacto a mulleres da industria musical de diferentes perfís para crear sinerxías, desenvolver o seu talento e tecer redes de apoio e traballo.
Os asistentes a algún dos concertos de Tanxugueiras durante este 2024 xa puideron gozar da súa versión en directo, pois leva formando parte do repertorio da xira varios meses desde a súa estrea no multitudinario show do Coliseum da Coruña ofrecido o pasado decembro.
O trío continúa coa súa xira estival por toda a Península, efectuando recentes paradas no Pirata Beach de Gandía, Arcu Atlánticu de Xixón e o SonRías Baixas de Bueu. Estas son as próximas datas confirmadas:
17/08 • Festas do San Roque • Melide (A Coruña)
18/08 · Festas da Peregrina · (Pontevedra)
24/08 · Guísamo Folk · Bergondo (A Coruña)
7/09 • Festival Osa do Mar • Burela (Lugo)
14/09 • Festival Revenidas • Vilaxoán, Vilagarcía (Pontevedra)