TANXUGUEIRAS COLABORAN NO NOVO DISCO DE HARD GZ EN “SANGUE”
Apenas un par de semanas despois da estrea da colaboración entre Tanxugueiras e Juancho Marqués na emotiva “As que tiñan que estar”, as galegas volven estar de actualidade cun novo lanzamento.
Hoxe viu a luz o novo álbum de Hard GZ, “LACOSTA”, que inclúe “SANGUE”, canción aá que unen as súas voces Tanxugueiras. Centrada no mar e a vida mariñeira, o corte continua co estilo ao que nos ten acostumados o rapeiro, describindo a súa realidade de maneira bela e crúa á vez, servindo tamén como homenaxe á súa terra. Esta combinación fai lembrar a esas colaboracións entre grandes rapeiros e grandes voces do panorama internacional, nas que os versos rapeados encaixan á perfección con retrousos cantados cargados de harmonías e potencia vocal. Sen dúbida unha combinación abocada ao éxito, pero co engadido dunha temática crúa e centrada en Galicia e as súas xentes.
O tema chega xusto na recta final da xira de Tanxugueiras, que fará a súa penúltima parada o día 24 en Burgos, e culminará esta prolífica etapa por todo o alto nun concerto fin de xira o 16 de decimbro no Coliseum da Coruña. O DERRADEIRO DILUVIO suporá todo un fito na carreira das galegas e deixará, sen dúbda, moitos momentos para a lembranza. De momento, Rayden, Rozalén, a nominada aos Latin Grammy Valeria Castro, Guadi Galego ou Muerdo, xa confirmaron a súa participación, e nas próximas semanas descubriremos máis sorpresas.
Ademáis, nas próximas semanas estarán colaborando con La MODA, o día 25 de novembro e con Rayden o 2 de decembro, ambos no icónico Wizink Center de Madrid.
Pola súa parte, a Xira Midas continúa levando a súa música por todo o estado. Tras máis de 120 concertos por todo o estado, as cantareiras están a dar boa conta da súa nova proposta dende 2022. Burgos será a última data da xira antes da parada final, O Derredeiro Diluvio, o histórico concerto de fin de xira no Coliseum da Coruña.
** PRÓXIMAS DATAS**
24/11 • Sala Andén 56 • Burgos
16/12 • O Derradeiro Diluvio (Coliseum A Coruña)